Os Premios DALLE LIKE créanse para recoñecer, mostrar e celebrar o talento dos creadores de contidos de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores de Galicia.
Este evento anual combina unha gala presencial cunha forte presenza dixital, fomentando a participación cidadá, a colaboración con marcas e organizacións e a creación de contidos virais con impacto positivo.